| ES | GA | EN |

HISPANO SUIZA VIAJERA, «LA MÁS VIAJERA DE HISPANO SUIZA»

 Con 105 anos de vida, este autobús de viaxeiros representou un fenómeno de mobilidade por estrada que soubo plantarlle cara ao todopoderoso ferrocarril que durante a segunda metade do século XIX fora o eixo principal do transporte en España

GTV., «UN PURA SANGRE IGNORADO»

En 1974 Alfa Romeo presentaba un coupé de catro prazas cun deseño e solucións técnicas moi avanzadas para o seu tempo. A súa condución seducía por carácter e temperamento con todo tivo que convivir durante toda a súa existencia coa perda de imaxe de calidade que a marca do biscione sufriu a partir dos anos 70. . 

MORETTI, «EL ARTE DE LA TRANSFORMACIÓN»

O pequeno construtor italiano de automóbiles foi un exemplo de resiliencia e capacidade de adaptarse aos tempos. Fabricou motocicletas, vehículos eléctricos, deportivos, utilitarios e ata modificacións estilísticas externas. Giovanni Moretti sobreviviu ata 1989 cun método de traballo case artesanal cando os seus homólogos desapareceran facía xa moito tempo.

TRIUMPH SPITFIRE «DIVERSIÓN ITALIANA CON ESENCIA INGLESA»

Con alma inglesa e estética italiana, o Triumph Spitfire namorou na década dos 60 e 70 a un público que atopou neste pequeno convertible, moita diversión a baixo prezo. Foi un éxito de vendas sobre todo no mercado norteamericano a pesar de que o proxecto, nun primeiro momento, foi abandonado e ocultado durante case un ano.

PTV 250 «UN MICROINGENIO A LA ESPAÑOLA»

Con máis de 1.300 autos fabricados ata a súa desaparición en 1961, o PTV 250 supoñía todo un récord de vendas para a época. A medio camiño entre a motocicleta e o vehículo, este microauto era básico, austero e espartano contaba, ademais, cunha fiabilidade destacada grazas á sobriedade dos materiais utilizados, pero a diferenza doutros modelos, posuía un deseño grácil e equilibrado que enseguida o elevou a obxecto de desexo.