| ES | GA | EN |

PRESENTACIÓN DEL LIBRO “LA BUSQUEDA DE LA ESENCIA” EN EL CIFP SOMESO

O día 25 de marzo nas instalacións de Cifp Someso da Coruña, ás 12 h presentouse “La busqueda de la esencia”. O libro foi editado pola Fundación Jorge Jove e escrito por Ángel Jove e Óscar Ayerra.

Nel trátase de mostrar diferentes alternativas á hora de recuperar o noso patrimonio.

O De Dion Bouton de 10 Cv de 1926 ou como se denominou, case toda a súa vida útil, “La camioneta de OROSA” é o protagonista do libro. A través desta restauración a Fundación Jorge Jove vai explicando os criterios técnicos e os motivos sociais e culturais polo que opto por este tipo de restauración.

Á terminación do acto, Victor Varela, Director do Cifp Someso, entrego á Fundación Jorge Jove unha placa de agradecemento pola súa colaboración.

PORSCHE 914, «EL DEPORTIVO INCOMPRENDIDO»

 

A finais dos 60 aparecía en escena un deportivo nado dun acordo entre Porsche e Volkswagen. Chegaba para atraer as miradas máis novas pero sen facer sombra ao seu irmán maior, o 911. Desenfadado, áxil e funcional, este pequeno deportivo con todo non obtivo o éxito esperado. O seu deseño e a unión de marcas confundiu a un publico que non acabou de entender esta filosofía.

BISCUTER «EL PEQUEÑO GIGANTE»

A pesar de que parecía de xoguete, o Biscúter revolucionou o mercado español na década dos 50. O seu deseño naceu da man dun dos grandes xenios construtores de automóbiles de luxo francés, Gabriel Voisin. Todo un contraste para un coche que nacía en plena autarquía e que chegou a converterse nunha icona daquela época.

HISPANO SUIZA 8-10 TIPO SPORT BAQUETS

O 8 HP económico foi o primeiro motor Hispano Suíza de serie que alcanzou 3.000 rpm e o primeiro tamén que se dotou de arranque eléctrico.

Atopámonos con que certamente trátase dun coche recarrozado, pero non para poñerlle carrocería máis moderna, senón para volver ás súas orixes e reencontrarse coa espléndida carrocería tipo sport 2 baquets deseñada por Julio Gost.

CITROËN “UNA NAVAJA SUIZA A LA FRANCESA”

Este práctico vehículo con carrocería de plástico apareceu en 1968 inspirado no mini moke inglés e no buggy californiano xurdidos a principios desa década. En pouco tempo converteuse para moitos, nunha ferramenta multiuso e para outros, nunha diversión campestre sen fin. En definitiva nacera unha especie de navalla suíza capaz de moverse por todo tipo de terreos ademais de contar cunha modularidad que sorprende aínda hoxe en día.