PTV 250 «UN MICROINGENIO A LA ESPAÑOLA»

Con máis de 1.300 autos fabricados ata a súa desaparición en 1961, o PTV 250 supoñía todo un récord de vendas para a época. A medio camiño entre a motocicleta e o vehículo, este microauto era básico, austero e espartano contaba, ademais, cunha fiabilidade destacada grazas á sobriedade dos materiais utilizados, pero a diferenza doutros modelos, posuía un deseño grácil e equilibrado que enseguida o elevou a obxecto de desexo.