PRESENTACIÓN DEL LIBRO “LA BUSQUEDA DE LA ESENCIA” EN EL CIFP SOMESO

Autor: Ángel Jove e Oscar Ayerra| Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2022 | Idioma: Español

 

O día 25 de marzo nas instalacións de Cifp Someso da Coruña, ás 12 h presentouse “La busqueda de la esencia”. O libro foi editado pola Fundación Jorge Jove e escrito por Ángel Jove e Óscar Ayerra.

Nel trátase de mostrar diferentes alternativas á hora de recuperar o noso patrimonio.

O De Dion Bouton de 10 Cv de 1926 ou como se denominou, case toda a súa vida útil, “La camioneta de OROSA” é o protagonista do libro. A través desta restauración a Fundación Jorge Jove vai explicando os criterios técnicos e os motivos sociais e culturais polo que opto por este tipo de restauración.

Á terminación do acto, Victor Varela, Director do Cifp Someso, entrego á Fundación Jorge Jove unha placa de agradecemento pola súa colaboración.