ROSENGART LR4 «UN FABRICANTE INUSUAL»

Lucien Rosengart, enxeñeiro, empresario e inventor con máis de 120 patentes no seu haber, entre elas a do futbolín en Francia, foi unha figura clave que salvou da quebra a Citroën e Peugeot, e ademais tivo tempo para crear a súa propia marca de vehículos en 1928. Un tipo de autos pequenos, fiables e económicos construídos a partir doutros modelos.