STANDFORD P «VOLANDO A RAS DE PISTA»

En 1922 nacía en París a marca Sandford como unha variante evolucionada dun tipo de automóbil de tres rodas xurdido en Inglaterra a principios do século XX. Liviáns, fiables e moi dinámicos, coas súas dúas rodas dianteiras de dirección conseguiron grandes logros en carreiras. Para moitos, os modelos Sandford son os vehículos de tres rodas máis fermosos da historia.