II Ruta de tractores clásicos Camiño Real O Cebreiro – Lugo

 

Autor: Manuel Lage | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2016 | Colabora: AGAMAC | Idioma: Galego

O 18 de setembro AGAMAC, Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, realizou a ruta que lle dá título a esta publicación. Desde a fundación somos conscientes da importancia deste tipo de iniciativas e coas nosas publicacións tratamos de axudar a achegarlles valor. Neste caso, recollemos o acontecido nesta ruta polo Camiño Real, desde O Cebreiro ata Lugo. Ademais de mostrar o patrimonio que supón a nosa maquinaria agraria, mostramos o patrimonio artístico e cultural deste percorrido, así como o ecolóxico, paisaxístico e inmaterial.

A finalidade deste tipo de publicacións é poñer en valor o medio rural galego e o seu patrimonio.