
Con alma inglesa e estética italiana, o Triumph Spitfire namorou na década dos 60 e 70 a un público que atopou neste pequeno convertible, moita diversión a baixo prezo. Foi un éxito de vendas sobre todo no mercado norteamericano a pesar de que o proxecto, nun primeiro momento, foi abandonado e ocultado durante case un ano.
- Lectura versión online en La Voz de Galicia haciendo click aquí.
- Descarga en PDF dispoñible haciendo click aquí.

Lucien Rosengart, enxeñeiro, empresario e inventor con máis de 120 patentes no seu haber, entre elas a do futbolín en Francia, foi unha figura clave que salvou da quebra a Citroën e Peugeot, e ademais tivo tempo para crear a súa propia marca de vehículos en 1928. Un tipo de autos pequenos, fiables e económicos construídos a partir doutros modelos.

