PORSCHE 914, «EL DEPORTIVO INCOMPRENDIDO»

 

A finais dos 60 aparecía en escena un deportivo nado dun acordo entre Porsche e Volkswagen. Chegaba para atraer as miradas máis novas pero sen facer sombra ao seu irmán maior, o 911. Desenfadado, áxil e funcional, este pequeno deportivo con todo non obtivo o éxito esperado. O seu deseño e a unión de marcas confundiu a un publico que non acabou de entender esta filosofía.