Ruta Tractores Clásicos Silleda, Pazos – Xestoxo. IX Festa do Tractor

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Edita: Fundación Jorge Jove e Fundación do Campo Galego | Ano: 2019

Colabora: AGAMAC | Idioma: Galego

 

O día 8 de setembro AGAMAC, Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, organizou unha ruta en tractores clásicos que lle dá título a esta publicación. Nela recóllese  o acontecido na ruta por terras de Silleda, con parada no Museo do Campo e a Mecanización.

Ademais de mostrar o patrimonio que supón a nosa maquinaria agraria, mostramos o patrimonio artístico e cultural deste percorrido, así como o ecolóxico, paisaxístico e inmaterial.

A finalidade deste tipo de publicacións é poñer en valor o medio rural galego e o seu patrimonio.

UN SIGLO DE HISTORIA 1886-1986, AUTOMÓVILES Y LA CORUÑA

 

Autor: Ángel Jove González | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2018 | Colabora: ANJOCA | Idioma: Español

 

Esta publicación é un percorrido que une fitos da historia da cidade da Coruña e a dos automóbiles. As súas páxinas mostran unha galería fotográfica da evolución da Coruña e os seus automóbiles.

EL MOTOR DE GAS, Un siglo de automóviles alternativos en España

 

Autor: Manuel Lage | Edita: Fundación Jorge Jove e Be.ing | Ano: 2017 | Idioma: Español.

 

Nesta publicación Manuel Lage realiza unha análise dos motores de gas ao longo do século XX, así como un gran número de motores alternativos.

Los proyectos desconocidos de CETA y PEGASO, toda la historia contada desde dentro

 

Autor: Manuel Lage | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2016 | Colabora: IVECO | Idioma: Español e Inglés

Este libro é o resultado dun traballo de investigación sobre a evolución de Ceta e Pegaso e recompila tanto os proxectos que se materializaron como os que xamais chegaron a ver a luz. A experiencia de Manuel Lage, acumulada ao longo da súa vida entre motores, vehículos e plans de produtos, resultáronlle de grande axuda para ver e interpretar planos, datos e proxectos desde dentro, nun escenario natural, o da actividade diaria.

Este traballo de investigación obtuvo o recoñecemento internacional Cugnot Award of Distinction, entregado a Ángel Jove Capellán, fundador da Fundación Jorge Jove, nun acto celebrado en París.

FELICES AÑOS 20, El automóvil y sus circunstancias

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2015 | Colabora: ANJOCA | Idioma: Español

 

A Fundación, desde hai máis de dez anos, traballa na edición dun libro por cada década da historia da automoción, desde a aparición do primeiro automóbil de combustión interna ata os anos 90.

Mostrar a automoción e a historia dos anos 20 utilizando como fíos condutores a historia, a automoción, os fitos tecnolóxicos e as artes, con especial fincapé no cinema, foi a temática da exposición celebrada en ExpoCoruña. Este foi o momento elixido para a presentación deste libro, coincidindo coa Feira de Autónomos.

Esta publicación distribuíuse a persoas de diferentes idades, o que lle permitiu á fundación recompilar un conxunto de opinións moi enriquecedor que permitirá realizar a Colección Automoción e Historia adaptado a perfís de maior aceptación.

Durante a exposición, vendéronse exemplares deste libro cuxo importe total recadado se doou a cinco institucións sen ánimo de lucro presentes no certame.