LOS MANUSCRITOS DE DOMINGO ANGUERA, primera crónica de La Hispano Suiza

 

Autor: Manuel Lage | Edita: Fundación Jorge Jove, Federación Española Vehículos Antiguos e Coruña Veteran Car

Ano 2014 | Idioma: Español.

 

Nesta publicación reúnese un meticuloso labor de transcrición dos manuscritos encargados polo director de probas de motores da Hispano Suíza de Francia, Louis Massuger, ao mecánico Domingo Anguera, informacións de prensa e fotografías e catálogos da época aos que Anguera fai referencia.

O libro describe a historia da Hispano Suíza, explicada desde dentro, desde os manuscritos dun mecánico que puido vivila día a día e que descobre curiosos e interesantes detalles da marca.

La configuración del automóvil 1886-1940

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2014

Colabora: Centro Comercial Los Rosales | Idioma: Español

 

Caderno enfocado aos máis pequenos, e publicado con motivo da exposición e actividades paralelas realizadas no Centro Comercial Os Rosales, para divulgar e mostrar a configuración do automóbil nos seus primeiros 50 anos e a evolución dos seus elementos fundamentais.

BUICK 1925, funcionamiento de un vehículo de los años 20 a través de la recuperación de un Buick Sport Touring 25-55

 

Autor: Ángel Jove González | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2011 | Colabora: ANJOCA | Idioma: Español

 

Esta publicación mostra, a través do proceso íntegro de restauración do Buick Sport Touring 25-55, a súa posta en marcha, o seu mantemento e como funcionan todos e cada un dos elementos que compoñen un automóbil de mediados dos anos 20.

GUÍA PARA EL USO DEL JURADO, Concursos de elegancia, autenticidad y conservación de vehículos históricos

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Ilustrador: Carlos Taboada | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2009

Colabora: Xunta de Galicia | Idioma: Español y gallego

 

Esta publicación recompila información de diferentes guías desta tipoloxía de eventos coa finalidade de tratar de minimizar, na medida do posible, a subxectividade á hora de valorar os participantes.

A súa distribución realizouse  en diferentes países europeos, en América do Sur e a todos os afiliados da Federación Española de Vehículos Antigos, en colaboración con FEVA.

Esta obra obtivo un recoñecemento nacional pola FEVA, que en representación da Fundación, foi entregado a Elba Iglesias Jove nun acto celebrado en Madrid en 2010.

ANJOCA WORLD CARS 1886-1936, 5 décadas de la evolución del automóbil

 

Autores: Manuel Lage Marco e Ángel Jove González | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2007

Colabora: ANJOCA | Idioma: Español

 

Esta publicación reúne unha coidada selección de 32 pezas que mostran fielmente a evolución do automóbil de combustión interna desde o primeiro en 1886 ata o ano 1936 .

O libro é resultado da exposición realizada pola Fundación Jorge Jove, en colaboración co Concello de Sanxenxo e o Real Club Náutico de Sanxenxo, os días 19 ao 23 de setembro de 2007 en Sanxenxo (Pontevedra, Galicia).