PRESENTACIÓN DEL LIBRO “LA BUSQUEDA DE LA ESENCIA” EN EL CIFP SOMESO

O día 25 de marzo nas instalacións de Cifp Someso da Coruña, ás 12 h presentouse “La busqueda de la esencia”. O libro foi editado pola Fundación Jorge Jove e escrito por Ángel Jove e Óscar Ayerra.

Nel trátase de mostrar diferentes alternativas á hora de recuperar o noso patrimonio.

O De Dion Bouton de 10 Cv de 1926 ou como se denominou, case toda a súa vida útil, “La camioneta de OROSA” é o protagonista do libro. A través desta restauración a Fundación Jorge Jove vai explicando os criterios técnicos e os motivos sociais e culturais polo que opto por este tipo de restauración.

Á terminación do acto, Victor Varela, Director do Cifp Someso, entrego á Fundación Jorge Jove unha placa de agradecemento pola súa colaboración.

FIRMA CONVENIO FJJ-FCG 2021

O pasado 28 de novembro de 2021 ás 12 horas, na Universidade Politécnica de Lugo, Ángel Jove González, Presidente da Fundación Jorge Jove, e Luís Seoane Labandeira, Presidente da Fundación do Campo Galego, asinaron un convenio para a cesión, ata o 31 de decembro de 2040, dos seguintes tractores agrícolas de rodas:

  • Deutz D 50
  • Motrannsa Nuffield
  • John Deere 515
  • Taissar 580 B

Das diferentes salas expositivas do Museo do Campo, o material cedido atópase exposto na “sala da forraxe e o cereal”. A valoración actual dos bens cedidos establécese en 14.900 €. A Fundación Jorge Jove con este convenio de colaboración renova o seu compromiso coa consolidación do Museo do Campo Galego.

A Fundación Jorge Jove implicouse desde os seus comezos coa Fundación do Campo Galego, achegando na súa fundación 113.800 €.

Materializándose nun Barreiros R 545 e o Plan e proxecto Museístico. Ademais desta achega, Ángel Jove, Presidente da Fundación Jorge Jove, doou centos de obxectos para a totalidade das salas, en especial para a sala que mostra a evolución do Paleolítico ata a Idade Media.

II Ruta tractores clásicos Ribeira Sacra. Castro Caldelas – Os Peares

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Edita: Fundación Jorge Jove e Fundación do Campo Galego | Ano: 2018

Colabora: AGAMAC | Idioma: Galego

Os días 16 e 17 AGAMAC, Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, realizou a ruta que lle dá título a esta publicación. Nela recóllese o acontecido nesta ruta pola Ribeira Sacra ourensá, os seus viñedos e o seu románico.

Ademais de mostrar o patrimonio que supón a nosa maquinaria agraria, mostramos o patrimonio artístico e cultural deste percorrido, así como o ecolóxico, paisaxístico e inmaterial.

A finalidade deste tipo de publicacións é poñer en valor o medio rural galego e o seu patrimonio.

Galicia 1920 -1930. Automoción e Historia. ¿Felices Años 20?

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2019 | Colabora: ANJOCA | Idioma: Español

 

Este libro constitúe o que será o volume nº 4 da Colección Automoción e Historia. Nel móstranse os fitos máis importantes da historia dos anos 20 no ámbito internacional e nacional, realizando unha referencia importante a Galicia. A arte e os fitos tecnolóxicos están presentes, do mesmo xeito que pequenas pinceladas da historia da automoción.

Neste volume, ademais, realizamos un percorrido polo proceso de restauración dun De Dion Bouton-Varro 10 HP e facemos referencia a José Barro, empresario de Viveiro (Chavín), Lugo, emprendedor e pioneiro da automoción en España que carrozaba vehículos De Dion, importando os seus chasis e motores.

Automoción e Historia 1886 – 1900. Génesis. ¿Carbón? ¿Electricidad? ¿Petróleo?

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2020 | Colabora: ANJOCA | Idioma: Español

 

Este libro é o volume nº 1 da colección Automoción e Historia. Carbón? Electricidade? Petróleo? Esta publicación reúne os fitos máis importantes da historia do fin do século XIX no ámbito internacional e nacional, realizando unha pequena referencia a Galicia. A arte e fitos tecnolóxicos están presentes, do mesmo xeito que pequenas pinceladas da historia da automoción.

Neste volume, ademais, facemos un percorrido pola pugna que existía entre os motores de vapor, os eléctricos e os máis novos: os motores de combustión interna.